A implicación das familias na vida da aula lévase a cabo nas Tardes de Familias. Estas, ofrecen ás familias a oportunidade de participar na realidade educativa do centro. As familias veñen á aula, onde, xunto coa titora, desenvolven unha proposta experiencial que pode ser plástica, musical, sensorial. etc, relacionada co proxecto que estamos a traballar nese momento. Para os nenos e nenas de infantil, ver ás súas familias na aula é unha experiencia moi motivadora, mentres que para as familias, é unha oportunidade única de ver como os seus fillos e fillas aprenden na aula.