Rematou a espera. Do 16 ao 18 de abril, celebramos unha nova edición dun dos eventos máis esperados do ano nos nosos centros educativos: a Copa ACI.
Nesta XI edición, serán os colexios Esclavas SCJ de Cádiz, El Puerto de Santa María e Jerez de la Frontera os encargados de acoller a os alumnos de 6º de Educación Primaria de distintos puntos de toda España nun evento que, un ano máis, encherá de novo de vida, deporte e convivencia as nosas comunidades educativas. Nesta ocasión, o encontro contará tamén coa participación do colexio de Oporto, reforzando así o carácter internacional da comunidade educativa ACI e a súa identidade compartida.
A Copa ACI é moito máis que unha competición deportiva. É unha oportunidade única para compartir, reconectar e seguir construíndo xuntos ese espírito familiar que nos une como escolas da Fundación Educativa ACI. Durante estes días, o noso alumnado participará en diversas competicións deportivas como fútbol, baloncesto e probas de atletismo, pasará tempo con compañeiros doutras escolas e vivirán experiencias e momentos que se farán inesquecibles.
Ao longo do encontro, non faltarán momentos tan especiais como a cerimonia de apertura, actividades culturais, a eucaristía conxunta ou a cerimonia de clausura, que destacarán o que realmente define a Copa ACI: a convivencia, a confraternidade e a alegría de compartir.
Ademais, este ano aqueles que non poidan asistir tamén poderán sentirse parte do evento, xa que haberá ligazóns dispoñibles para seguir algúns dos momentos máis destacados en directo.
Cada edición é unha oportunidade para seguir crecendo xuntos e dar vida ao noso proxecto educativo, onde o deporte convertese nunha ferramenta para educar en valores e fortalecer o sentido de comunidade entre todos os centros educativos.
📌 Toda a información, aquí
Horarios, sedes, retransmisións en directo e todos os detalles da XI Copa ACI están dispoñibles na web oficial:
👉 https://esclavasscj.com/copa-aci/




