O comedor escolar é un servizo complementario que permite a pais e nais conciliar a vida laboral e familiar. O colexio conta entre as súas instalacións con dous comedores para o noso alumnado e máis con cociña propia onde se elaboran diariamente todas as comidas.
Este servizo non remata no momento da comida, continúa no patio fomentando o compañeirismo, baixo a supervisión de persoal cualificado. Ademais, durante este tempo, tamén existe a posibilidade de realizar unha actividade extraescolar.




