Premio ao proxecto educativo de promoción do deporte nos Premios Talento Base!
O xornal DXT entregounos o premio ao mellor proxecto educativo deportivo na gala dos Premios Talento Base, en recoñecemento á nosa organización da 10ª Copa ACI, celebrada na Coruña o pasado mes de xuño.
Este premio recoñece os esforzos de toda a nosa comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e entidades colaboradoras que fan do deporte unha ferramenta para a aprendizaxe, a construción da comunidade e o crecemento persoal.
Seguimos defendendo o deporte como motor educativo.
Grazas por acompañarnos nesta viaxe!




