O noso estilo propio de educar, a “Pedagoxía do corazón” fai que vivamos como eixe central a Pastoral, que non é máis que a forma de actuar, implicar, mirar, acompañar, educar, tratar aos demais, coñecernos e comunicarnos… todo desde Xesús e coa persoa no centro. É un ambiente especial que se respira nos nosos centros coma un corazón que latexa ao ritmo do de Xesús segundo a mirada das primeiras Esclavas, este latexo fai que a vida sexa máis plena e sexa sempre vida para os demais.
PASTORAL
Proxecto Pastoral
DANDO RESPOSTA Á REALIDADE NA QUE VIVIMOS
ESTA REALIDADE IMPÚLSANOS A:
IDENTIDADE
O anuncio de Xesús que ofrece vida a todos os homes e mulleres desde o servizo e o amor reflicte a importancia da interioridade. Invitamos ao noso alumnado a medrar en coñecemento personal, capacidade de reflexión e crítica que os leva ao encontro con Deus.
PROTAGONISMO
COMPROMISO
COMPETENCIA ESPIRITUAL
Como o vivimos?
Creando un ambiente no que se “respire” o modo de ser e estar dende Xesús, coidando os detalles no día a día e a través de múltiples accións e actividades que nos axudan a profundizar no noso proxecto:
PASTORAL ESCOLAR
ORACIÓN DA MAÑÁ
CADERNO DE INTERIORIDADE
Unha ferramenta para mirarnos por dentro, que nos ofrece a oportunidade de reflexionar e buscar, aos ollos de Deus, o significado fondo do que vivimos e discernir o que nos fai vivir máis en plenitude, axúdanos a buscar a felicidade dos demais e contribúe a facer do mundo un lugar máis xusto e fraterno.
TEMPOS LITÚRXICOS: Advento, Nadal, Coresma e Pascua.
O colexio vive as celebracións litúrxicas con fondura e creatividade. Adaptamos a cada idade aqueles materiais e dinámicas que poidan axudar aos nosos alumnos/as a atoparse coa experiencia do Deus da vida que acompaña o noso camiñar.
CAMPAÑAS SOLIDARIAS
Domund, Operación Quilo no Nadal, colaboración con PROACIs (ONG de Esclavas)
DÍAS QUE COIDAMOS:
Datas nas que nos sentimos parte activa do mundo: Día escolar da Non Violencia e a Paz, Día da Terra, Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado, Dia Nacional da Auga.
FESTAS ACI:
Santa Rafaela María
CELEBRACIÓN DOS SACRAMENTOS:
Reconciliación e Eucaristía.
ACOMPAÑAMENTO E COIDADO PERSOAL
MOMENTOS ESPECIAIS:
- Acompañamento
- Compromiso social
- Adoración
PASTORAL EXTRAESCOLAR
CATEQUESE
- Comuñón: Iniciar a vida de Fe,
- Confirmación: Acompañar a opción persoal de Fe.
GRUPOS ACI: Grupos xuvenís cristiáns.
Lema Pastoral anual
EIXE VERTEBRADOR DO NOSO ESTILO EDUCATIVO
Cada ano, todos os colexios da Fundación Educativa ACI traballan un obxectivo anual común como eixe vertebrador do estilo educativo dos nosos centros.
Anualmente, afondamos nun valor distinto a través dun lema que se fai presente en todas as accións que se levan a cabo no colexio e impregna toda a vida do centro e a toda a comunidade educativa.
CODAMOS 24/7
LEMA DO CURSO 2025-26
Este ano seguimos a traballar no valor da responsabilidade.
O curso pasado centrámonos na responsabilidade persoal, representada pola nosa mascota Bloki, unha peza de crebacabezas que nos lembraba que cada persoa é única e especial.
Agora queremos dar un paso máis: non só somos responsables de nós mesmos, tamén das nosas conexións. Cada decisión que tomamos, en calquera eido da vida, ten consecuencias e afecta aos demais.
Queremos que o noso alumnado viva a responsabilidade no seu día a día, o que supón:
Ser íntegros: cumprir o que prometen e ser conscientes de como as súas decisións inflúen en quen os arrodea.
Coidar: comprender que responsabilidade e coidado van unidos. Ser responsables é estar dispostos a coidar dos demais e da contorna, demostrando así o que significa vivir con responsabilidade.
Dende o noso estilo educativo, a espiritualidade ACI inspíranos a lembrar que a vida non xira só arredor de nós. Estamos chamados a abrirnos ao outro, a recoñecer a vida como un agasallo e a responder con compromiso e coidado. Coidar e servir enriquecen a nosa vida e a de quen nos arrodea. Ao estilo de Xesús de Nazaret, estes valores son a chave para construír un mundo máis humano, xusto e feliz.
Por iso, o lema deste curso é: COIDAMOS 24/7.
Porque ser responsables e coidar non é algo puntual, senón constante: as 24 horas do día, os 7 días da semana. Só así convértese en parte do que somos. Ninguén pode vivir illado: precisamos uns dos outros e estamos conectados entre nós e coa Terra.






