Como é o Oxford Test of English?
O Oxford Test of English é un test 100% online que se compón de 4 módulos: expresión oral, comprensión auditiva, expresión escrita e comprensión lectora. Os participantes disporán dun tempo límite para superar as tarefas.
A parte de comprensión lectora e auditiva adáptase ás respostas que o candidato vai dando. Así, cada test é único e persoal.
Os módulos de expresión oral e escrita son totalmente individualizados. Son probas que foron revisadas e avaliadas por expertos.
Non hai datas para realizar a proba, so deberás contactar cun centro autorizado para concertar o teu test.
Terás os resultados dispoñibles nun prazo de 14 días. Preséntanse como un informe claro que amosa o nivel da persoa examinada en cada unha das catro competencias e dacordo cos niveis do Marco Común Europeo de Referencia (MCER).
Podes realizar cada un dos módulos por separado ou a proba completa.
Que convocatorias hai dispoñibles?
Datas de exame e de inscrición das tres convocatorias: unha sobre decembro, outra sobre marzo e unha derradeira sobre xuño. As datas deste curso estarán dispoñibles antes do Nadal. Faremos o anuncio en redes e na sección de novas desta mesma web.
*As horas de exame son as acordadas para as persoas que se examinan de todos os módulos. Para o alumnado que se presenta soamente a algún módulo realizarase outro horario adaptado ás necesidades do exame (sempre o mesmo día e durante a mesma tarde).
Canto custa?
O Oxford test of English é moito máis barato que outros exames similares. Ademais ao poder examinarte dos módulos que ti escollas, pagas soamente polos módulos aos que te presentes. Se xa estás animado a realizar o Oxford Test of English no noso Centro, podes poñerte en contacto a través dos seguintes enderezos de email:
maryam@colegioesclavas.org
monicacastro@colegioesclavas.org
Como matricularme?
Para realizar a inscrición segue os siguientes pasos:
- Ingresar o importe sinalado na seguinte conta bancaria:
-
- ES11/0075/0354/9506/0095/5233 Titular: Fundación Educativa ACI
- No concepto debes poñer: OTE, número de DNI e nome do examinado.
- Una vez completado o formulario remitir o resgardo bancario a: ote@colegioesclavas.org
*NOTA: o día do exame debes estar 15 minutos antes co DNI no lugar do exame: aula de informática, segundo andar.