En cada lugar e en cada intre procuramos os medios máis idóneos para educar, atentos aos cambios do noso mundo, aos avances da ciencia e a técnica e ás necesidades persoais de cada un dos nosos nenos e nenas.
Facémolo con corazón e dedicación, conservando e coidando aquilo que é propio de nós, a nosa vocación educativa evanxelizadora, e ao tempo abertos e flexibles para acoller os desafíos do mundo actual e a preparación que o alumnado require.
Promovemos unha educación integral do alumno, acompañándoo na súa aprendizaxe e desenvolvemento persoal. Queremos axudar a que o noso alumnado sexa creativo e emprendedor, con criterio propio, cooperativo, activo e saudable, emocionalmente intelixente, comunicativo, comprometido co mundo no que vive, con conciencia ecolóxica e formado tecnolóxicamente.










