Santa Rafaela María naceu o 1 de marzo de 1850 en Pedro Abad (Córdoba). No ano 1874 comeza a súa andaina na vida relixiosa, fundando a Congregación das Esclavas del Sagrado Corazón en 1877. Finou en 1925 en Roma, onde permaneceu os derradeiros 32 anos da súa vida.
Rafaela María foi unha muller namorada da vida. Sentiuse amada especialmente por Deus e, a pesar das dificultades que viviu, atopouno en todo, e viviu reconciliada e reconciliando. Soubo amar a cada persoa no que era e afoutala para que puidese ser o que Deus soñaba dela. Cría nas persoas e nas súas posibilidades.
Rafaela María e as primeiras Esclavas del Sagrado Corazón comprenderon que o corazón é o centro da persoa, desde onde esta se forxa, por ser a sede da vontade e do amor. Intuíron que favorecer e coidar o corazón san é educar para que a persoa medre libre, sa e ditosa.
Pablo VI proclamouna santa o 23 de xaneiro de 1977.