Os grupos ACI somos un movemento cristián de nenos e nenas, mozos e mozas creado polas Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús e acompañado por estas e por laicos que vivimos o mesmo carisma que, ao estilo de Santa Rafaela María, atopamos en Xesús a forza para ser coma Él, persoas que entregan a súa vida á tarefa da reconciliación para facer un mundo máis humano e fraterno.
Partindo da realidade da persona, pretendemos fomentar un compromiso na comunidade eclesial. Temos en conta as fases de crecemento e o ritmo persoal. Consideramos indispensable o acompañamento persoal e grupal para que cada un descubra o plan de Deus na súa vida. Un estilo de pedagoxía que conxuga: atención á vida, saber mirar, compartir, reler e celebrar a vida.









