O Club Deportivo Esclavas créase no ano 1981, xestionado pola propia ANPA do colexio, aínda que non é ata o ano 2010 cando separa xa a súa actividade da ANPA e constitúese con CIF propio, iniciando unha nova etapa cun novo modelo de xestión. Un grupo de familias forma entón a primeira Xunta Directiva con únicamente dous equipos infantís de baloncesto en competición, un masculino e outro feminino.
Da man do Colexio, o Club Deportivo Esclavas chegou a 2024 cunhas cifras impensables fai uns anos: máis de 400 deportistas, 25 adestradores, 23 equipos de baloncesto e 10 equipos de fútbol. Todos os esforzos e recursos do club destínanse ao deporte de base e formativo, onde non soamente participan maioritariamente alumnos e alumnas do propio colexio, senón que se trata dunha institución deportiva aberta que conta tamén con numerosos deportistas doutros centros.
Merece tamén unha mención especial ao fomento do deporte feminino, que se ve reflectido nos números: na sección de baloncesto o 55% son nenas e na sección de fútbol, dos 8 adestradores, 6 son mulleres.