Luns: De 08:50h a 14:30h e polas tardes de 15:50h a 17:30h
De martes a venres: De 08:50h a 14:30h
12-16
anos
4
cursos
2
liñas
8
aulas
Traballamos desde hai anos con IPAD e todas as nosas aulas están dotadas de taboleiros dixitais.
Ademais, poden cursar o Bacharelato Dual desde 3º de ESO, obtendo a titulación estadounidense e mellorando a súa competencia en inglés.
Reunións grupais e individuais coas familias para unha comunicación efectiva e colaborativa.
Priorizamos a atención á diversidade de cada alumno e alumna e o seu desenvolvemento integral como individuos.
Luns: De 08:50h a 14:30h e polas tardes de 15:50h a 17:30h
De martes a venres: De 08:50h a 14:30h
| 1r ESO |
|---|
| Bioloxía e Xeoloxía |
| Educación Física |
| Educación Plástica, Visual e Audiovisual |
| Lingua Castelá e Literatura |
| Lingua estranxeira: Inglés |
| Lingua Galega e Literatura |
| Matemáticas |
| Segunda lingua estranxeira: Francés |
| Tecnoloxía e Dixitalización |
| Xeografía e Historia |
| Crithical Thinking |
| Relixión |
| 2n ESO |
|---|
| Educación Física |
| Física e Química |
| Lingua Castelá e Literatura |
| Lingua estranxeira: Inglés |
| Lingua Galega e Literatura |
| Matemáticas |
| Música |
| Segunda lingua estranxeira: Francés |
| Tecnoloxía e Dixitalización |
| Xeografía e Historia |
| Crithical Thinking |
| Relixión |
| 3r ESO |
|---|
| Bioloxía e Xeoloxía |
| Educación en Valores Cívicos e Éticos |
| Educación Física |
| Educación Plástica, Visual e Audiovisual |
| Física e Química |
| Lingua Castelá e Literatura |
| Lingua estranxeira: Inglés |
| Lingua Galega e Literatura |
| Matemáticas |
| Música |
| Xeografía e Historia |
| Relixión |
| 3r ESO |
|---|
| Educación dixital |
| Oratoria l |
| Cultura Clásica |
| Segunda lingua estranxeira: Francés |
| 4º ESO |
|---|
| Segunda lingua estranxeira: Francés |
| Expresión artística |
| 4º ESO |
|---|
| Educación Física |
| Lingua Castelá e Literatura |
| Lingua estranxeira: Inglés |
| Lingua Galega e Literatura |
| Matemáticas A / B |
| Xeografía e Historia |
| Dixitalización |
| Relixión |
| OPCIÓN 1 |
|---|
| Matemáticas B (4h) |
| Física e Química (3h) |
| Bioloxía e Xeoloxía (3h) |
| OPCIÓN 2 |
|---|
| Matemáticas B (4h) |
| Física e Química (3h) |
| Economía e emprend. (3h) |
| OPCIÓN 3 |
|---|
| Matemáticas A / B (4h) |
| Latín (3h) |
| Economía e emprend. (3h) |
| OPCIÓN 4 |
|---|
| Matemáticas A / B (4h) |
| FOPP (3h) |
| Economía e emprend. (3h) |
*A oferta de optativas pode variar cada ano en función da demanda.

As matemáticas demandan abstracción, dedicación, repetición e práctica. Para facer fronte a este desafío, empregamos unha aplicación deseñada para facilitar o dominio da materia e fomentar o entusiasmo entre o alumnado.
Esta plataforma, concibida como unha extensión da metodoloxía pedagóxica EMAT, ofrece actividades que propician unha aprendizaxe transversal, integral e contextualizada das matemáticas. O seu obxectivo é que os estudantes perciban as matemáticas como un coñecemento práctico e aplicable no seu día a día.
ONMAT adáptase á diversidade de necesidades e ritmos de aprendizaxe presentes nas aulas. Organizados en grupos, traballan con obxectivos e ritmos diferenciados, combinando exercicios virtuais, traballo en equipo, demostracións grupais, xogos e actividades individuais para crear un ambiente educativo dinámico e enriquecedor.

Realizamos diversas saídas e viaxes lúdico-culturais con estancia dun ou varios días. Estas experiencias non só son momentos de diversión, senón que tamén teñen un valor educativo significativo.
En 1º de ESO o noso alumnado realiza unha viaxe á neve (normalmente a Leitariegos) e en 2º de ESO realízase un multiaventura (Asturias), onde teñen a oportunidade de tomar contacto directo coa natureza e gozar da práctica de deportes e da convivencia cos seus compañeiros e compañeiras nun ambiente menos académico.
En 3º de ESO a experiencia é máis cultural, realizando unha viaxe a Madrid na que se visitan diferentes museos, parques, estadios, actuacións… Sempre é un éxito!

Miramos a cada alumno de maneira diferenciada e potenciamos as súas capacidades.
O noso departamento de Orientación traballa co alumnado para dar orientación académica e profesional, para acompañar aos alumnos con diferentes ritmos de aprendizaxes e para traballar técnicas de estudo. Ademais, ten unha gran presenza na convivencia do centro, axudando a crear o bo ambiente que respiramos.
O profesorado, ademais, asesorado polo Departamento de Orientación, desenvolve programas adaptados ás necesidades dos alumnos de maneira individualizada, con ampla experiencia e en comunicación coas familias.

Na nosa oferta académica, a través da materia de Oratoria, fomentamos as capacidades de Debate e Oratoria traballando as destrezas de falar en público, argumentar e debater, como ferramentas básicas de comunicación, útiles e necesarias para o seu desenvolvemento escolar e persoal.
Ademais, presentámonos a concursos de debate e mesmo no pasado organizamos o noso propio torneo.

Integramos as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no día a día das clases, cada alumno/a dispón do seu propio iPad, que é xestionado e supervisado polo centro. O noso obxectivo é promover un bo uso das TIC, concienciando aos estudantes sobre as súas posibilidades e responsabilidades na aprendizaxe dixital. Recoñecemos a importancia da competencia dixital para a participación na sociedade actual e a demanda de interactividade e personalización no proceso de ensino e comunicación. Facémolo de forma responsable, sen deixar de lado outras facetas da aula máis manipulativas ou tradicionais que tamén son fundamentais á hroa de traballar día a día.
As TIC na aula apoian diversos proxectos educativos como ON MAT, a gamificación, a programación ou a robótica, aumentando a motivación e a implicación do alumnado, o que contribúe a unha maior eficacia na aprendizaxe e promove a súa responsabilidade e autonomía.
O noso Proxecto Dixital baséase na formación continua do profesorado e a adaptación aos avances tecnolóxicos e as necesidades dos alumnos e da sociedade na que vivimos.

Moitos proxectos realizados no colexio teñen un compoñente de Aprendizaxe e Servizo que pretende unha implicación do alumnado na mellora da súa contorna próxima, desde a concienciación e a solidariedade.
O obxectivo principal é que os coñecementos e as diferentes sensibildiades saian da aula e busquen ter un impacto no contexto do alumnado. Un exemplo é o proxecto “Concienci-arte” 1º premio ao compromiso social no concurso Imaxina. Nel, a través da recollida de aceite usado, o noso alumnado creou e vendeu xabóns para poder financiar unha campaña solidaria de PROACIS. Crearon ata os seus propios moldes coa impresora 3D para poder darlles forma!