O Departamento Psicopedagóxico do Colexio Esclavas del Sagrado Corazón de A Coruña encárgase de coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias relacionadas coa inclusión e a diversidade, coa acción titorial, coa convivencia e a educación en valores e co desenvolvemento da propia identidade, así como da progresiva toma de decisións a medida que os alumnos e alumnas adoptan opcións na súa vida, primeiro académicas e despois profesionais.
PROPOSTA EDUCATIVA
Departamento Psicopedagóxico
Comprometidos co alumnado
EIXES BÁSICOS DE INTERVENCIÓN
Atención á diversidade
- Elabora e pon en práctica programas destinados á prevención e detección precoz de dificultades na aprendizaxe, non só cando xa se produciron, anticipándose a elas.
- Axusta a resposta educativa ás necesidades particulares dos alumnos e alumnas con intervencións inclusivas e orientadas cara ao logro do maior potencial de aprendizaxe do alumnado.
- Asesora aos departamentos do profesorado nos procesos de axuste e desenvolvemento das novas metodoloxías, elaboración das programacións de curso, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións ou enriquecementos curriculares.
- Contribúe na posta en marcha de toda clase de factores de innovación e calidade que redunden nunha mellor educación, orientada cara ao benestar persoal e académico do alumnado.
- Facilita o asesoramento a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Acción titorial
- Colabora no traballo de titorías e asesora ao profesorado no desempeño do labor titorial.
- Deseña e pon en práctica programas destinados á promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflitos.
- Favorece a comunicación familia-colexio para intercambiar inquedanzas e procurar solucións conxuntas.
- Contribúe á cohesión do grupo, favorecendo a súa integración no centro escolar.
- Promove a axeitada relación e interacción entre os distintos integrantes da comunidade educativa, asumindo o papel de mediación e, se cómpre, de negociación ante os conflitos que poidan xurdir.
Orientación académico-profesional
- Proporcionar unha orientación académica e profesional individualizada.
- Axudar aos alumnos nos momentos de maior dificultade na toma de decisións, elección de optativas o itinerarios…
- Axudar ao alumnado ao coñecemento de sí mesmo.
- Proporcionar información aos alumnos e alumnas sobre os itinerarios académicos e sobre a situación e tendencias actuais do mundo laboral.
- Potenciar a reflexión e capacidade crítica para realizar a toma de decisións.
- Implicar ás familias no proceso para que coñezan e apoien as decisións responsables dos seus fillos e fillas.
- Desenvolver estratexias de procura de información.
Funcións
- Promover a cooperación entre o centro e as familias para unha maior eficacia e coherencia na educación do alumnado.
- Apoiar a actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre recursos, medios materiais e didácticos e estratexias metodolóxicas, actividades e procesos de avaliación, reforzo e apoio psicopedagóxico, promoción, etc. que poidan favorecer o seu labor docente e titorial.
- Transmitir información sobre o perfil psicopedagóxico do alumnado na medida que facilite o seu traballo con eles.
- Colaborar na detección de problemas educativos, de desenvolvemento e/ou aprendizaxe que presenten os alumnos e alumnas, buscando unha pronta intervención para tratar de remedialos.
- Coordinar a actuación do profesorado, do titor/a e do persoal que está a traballar co alumnado ACNEAE para dar resposta ás NEE do alumnado.
- Informar e asesorar ás familias do alumnado con NEE.
- Orientar ás familias de maneira individual e colectiva naqueles aspectos que o precisen para favorecer a educación e orientación dos seus fillos e fillas con responsabilidade.
- Potenciar a orientación a todo o alumnado (problemas emocionais, relacións e conflitos interpersoais, …)
- Asesorar en técnicas de estudo, métodos de traballo, …
- Proporcionar reforzo pedagóxico ao alumnado que o precise.
- Contribuír á personalización dos procesos de ensino-aprendizaxe (medidas de atención á diversidade).
O equipo psicopedagóxico
Mª Luz López
Orientadora de ESO e Bacharelato.
Sara Grela
Orientadora de Educación Infantil e Primaria.
Silvia Bouza
Especialista en Audición e Linguaxe.
Leticia Sánchez
Especialista en Audición e Linguaxe.
Catuxa Salgado
Especialista en Pedagoxía Terapéutica.
Amaya Villayandre
Especialista en Pedagoxía Terapéutica.





