Luns: De 08:50h a 14:30h e polas tardes de 15:50h a 17:30h
Martes, xoves e venres: De 08:50h a 14:30h
Mércores: De 08:00h a 14:30h.
16-18
anos
2
cursos
2
liñas
4
aulas
En Bacharelato, as materias impártense segundo o plan plurilingüe de Galicia coa optativa de Francés como segunda lingua estranxeira.
Ademais, os e as estudantes poden optar polo Bacharelato Dual, que lles permite obter a titulación estadounidense, mellorar o seu dominio do inglés e desenvolver a súa autonomía e responsabilidade persoal.
Preparamos ao alumnado para a vida, ensinándolle a ler e comprender as novas formas de comunicación e expresión, a ter criterios de selección e xuízo crítico.
ESTAMOS INSERTOS NA CONTORNA SOCIOCULTURAL
Queremos que a nosa acción educativa estea integrada na contorna xeográfica, social, cultural, política e eclesial. Para iso implícase ao alumnado en voluntariado, proxectos de aprendizaxe e servizo, etc.
ESPÍRITO CRÍTICO
Estimulamos o espírito crítico do noso alumnado para que sexa consciente e responsable das súas ideas e desenvolva a iniciativa e a creatividade.
Todo isto atendendo á diversidade de cada alumno e á súa dimensión integral como persoa.
Luns: De 08:50h a 14:30h e polas tardes de 15:50h a 17:30h
Martes, xoves e venres: De 08:50h a 14:30h
Mércores: De 08:00h a 14:30h.
A nosa experiencia na preparación dos alumnos para as Probas de acceso á Universidade é moi ampla. Os resultados obtidos curso tras curso son unha garantía do traballo académico que levamos a cabo, tendo ano tras ano unha grande porcentaxe de alumnado entre os mellores expedientes de Galicia. (17% no curso pasado).
| 1r Bacharelato | 2n Bacharelato |
|---|---|
| Lingua Galega e Literatura I (libre configuración autonómica) (3h) | Lingua Galega e Literatura II (3h) |
| Lingua Castelá e Literatura I (3h) | Lingua Castelá e Literatura II (3h) |
| Primeira Lingua Estranxeira I (Inglés) (3h) | Primeira Lingua Estranxeira II (Inglés) (3h) |
| Filosofía (3h) | Historia da Filosofía (3h) |
| Educación Física (3h) | Historia de España (3h) |
| Relixión (1h) | Relixión (1h) |
| 1º Bacharelato | |
|---|---|
| TECNOLÓXICO | BIOSANITARIO (CIENCIAS) |
| Matemáticas I | Matemáticas I |
| Física e Química | Física e Química |
| Debuxo Técnico I | Bioloxía e Xeoloxía |
| 2n Bacharelato | |
|---|---|
| TECNOLÓXICO | BIOSANITARIO (CIENCIAS) |
| Matemáticas II | Matemáticas II |
| Física | Química |
| Debuxo Técnico II | Bioloxía |
| 1º Bacharelato |
|---|
| Matemáticas CCSS I |
| Economía |
| Historia do Mundo Contemporáneo |
| 2º Bacharelato |
|---|
| Matemáticas CCSS II |
| Empresa |
| Historia da Arte |
| 1º Bacharelato | 2º Bacharelato |
|---|---|
| TIC I | TIC II |
| Francés | Francés |
Acompañamos ao noso alumnado na aprendizaxe e o desenvolvemento das competencias, valorando tanto o resultado como o proceso desde unha perspectiva inclusiva. Fomentamos o traballo colaborativo, a participación e a avaliación continua co fin de garantir o éxito escolar e persoal do alumnado.
O noso sistema de avaliación non só potencia o traballo diario, senón que tamén axuda aos alumnos e alumnas a superar dificultades ata o último momento, asegurando a mellor nota. Preparamos non só para as probas de acceso á universidade, senón tamén para o seu futuro académico e profesional.

Creado e desenvolto por Academica Corporation, o Diploma Dual é o programa oficial de validación internacional de títulos de bacharelato que permite ao alumnado obter dúas titulacións simultáneas: a propia do seu país e o American High School Diploma.
Cando finalizan os seus estudos, os alumnos e alumnas do Diploma Dual logran a mesma titulación que os estudantes estadounidenses ao finalizar o High School, que está recoñecida en todos os estados e en todas as universidades do mundo.
Xunto á notable mellora do nivel de inglés, o Diploma Dual proporciona aos alumnos un alto grao de autonomía persoal e unha gran facilidade no manexo das novas tecnoloxías.
O programa iníciase en 3º ESO e pódese finalizar en 3 ou 4 anos.

O proxecto implica que os estudantes se involucren en traballos voluntarios destinados a axudar a persoas necesitadas, co obxectivo de brindarlles unha experiencia práctica e altruísta.
Buscamos que o alumnado desenvolva empatía e comprenda diversas realidades sociais, como a soidade dos anciáns, as necesidades de menores en contornas desfavorecidas ou as dificultades das persoas con discapacidade.
A través da reflexión na clase de Relixión e coa orientación dos titores e titoras e o equipo de Pastoral, estas experiencias relaciónanse cunha perspectiva evanxélica. Este proxecto non só beneficia a quen participa directamente, senón que tamén serve como ferramenta para transmitir ás xeracións futuras o valor da solidariedade e a gratuidade, contribuíndo así a construír un mundo máis fraterno e humano.

As viaxes culturais son un momento fundamental na experiencia do noso alumnado durante esta etapa educativa, non só a nivel cultura, tamén a nivel de grupo e convivencia.
En 1º de Bacharelato, organizamos unha viaxe de estudos que varía en función da dispoñibilidade, pero sempre temos o foco no destino de Roma, onde os estudantes teñen a oportunidade de explorar o patrimonio histórico e os lugares emblemáticos da cidade . Outras viaxes realizadas foron Londres, Andalucía… sempre con moi boa aceptación.
Destacamos a importancia de fomentar a convivencia entre o alumnado, incluíndo a integración de novos compañeiros e compañeiras que se unen ao centro durante o Bacharelato.

O alumnado de Bacharelato conta con iPad en clase, complementados con Classroom e outras ferramentas dixitais. O obxectivo principal é promover un uso adecuado das TIC, concienciando aos estudantes sobre as súas posibilidades e responsabilidades.
A competencia dixital é crucial para a participación activa na sociedade actual, respondendo á crecente demanda de interactividade na aprendizaxe.
O Proxecto Dixital do Centro céntrase na formación continua do profesorado e na adaptación constante aos avances tecnolóxicos e ás necesidades cambiantes dos alumnos.

O alumnado de 4º de ESO e Bacharelato ten a posibilidade de formar parte de PALE, a nosa produtora audiovisual, a través da cal se cobren eventos de centro a nivel audiovisual, realízanse curtas ou podcast cos que nos presentamos a diversos concursos.
Unha forma de traballo colaborativo, que require que melloren as súas capacidades de cooperación, compromiso, organización e capacitación dixital. Sen dúbida unha oportunidade de saír dunha contorna máis académica para achegarse a realidades laborais. Preparamos ao noso alumnado para o século XXI, para o futuro.

Na modalidade de Ciencias de Bacharelato, o noso alumnado enriquece a súa formación teórica con actividades experimentais, levando a cabo prácticas nos nosos laboratorios, en moitas ocasións con colaboración de antigos alumnos e alumnas que actualmente se forman ou traballan no ámbito biosanitario.

No mes de decembro, o noso alumnado de bacharelato goza dunhas xornadas de orientación universitaria. No primeiro curso acuden ás xornadas de UNITOUR, nas que participan Universidades de toda España e en segundo, organizamos unhas xornadas no centro ás que acuden Universidades, exalumnos/as e profesionais de todos os sectores posibles para que o noso alumnado poida informarse da mellor maneira posible sobre o seu futuro.

Creado e desenvolto por Academica Corporation, o Diploma Dual é o programa oficial que permite ao alumnado cursar dúas titulacións simultáneas: a propia do seu país e o American High School Diploma. Así, ao finalizar 2º de Bach, obterían o título do bacharelato español e do americano, é dicir, os alumnos do Diploma Dual logran a mesma titulación que os estudantes estadounidenses ao finalizar o High School, recoñecida en todos os estados e en todas as universidades do mundo.
Xunto á notable mellora do nivel de inglés, o Diploma Dual proporciona ao alumnado un alto grao de autonomía persoal e unha gran facilidade no manexo das novas tecnoloxías.
O programa iníciase en 2º ou en 3º de ESO, con opción de cursalo durante catro ou ou tres anos respectivamente.