- Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criteiros de admisión que pretenda que se teñan en conta. Esta solicitude de admisión se dirixirá ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a esta deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentar.
- O alumnado que teña prioridade para continuar cos estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese intre, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vencellante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada no prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa da perda de dereito a participar no procedemento en termos previstos no artigo 8.
ADMISIÓNS
Coñécenos
Amosámoste o vídeo do centro e a visita virtual para que poidas coñecernos mellor.
Contacta con nós
Estamos á vosa disposición para calquera consulta a través do correo electrónico:
Ven visitarnos
Apúntate a nosa XORNADA DE PORTAS ABERTAS na seguinte ligazón: PORTAS ABERTAS ou chamando ao teléfono: 981251800
Proceso de matriculación
O procedemento de admisión ás ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Sedundaria Obrigatoria e Bacharelato pode realizarse de maneira telemática a través da Consellería de Educación ou presencialmente no Centro. Desde o colexio poñémonos á vosa disposición para calquera cousa que precisedes durante todo o procedemento. Estaremos encantados de poder axudarvos.
1
PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN
A través da ligazón ADMISIÓNS (modelo ED550B)
2
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PRESENCIAL
De maneIra presencial na secretaría do colexio
Información de utilidade para o proceso de matrícula
A continuación, amosámosvos toda a información que precisades saber para realizar o proceso.
PRAZAS VACANTES
As prazas vacantes para este curso 2024/2025 poden consultarse no seguinte documento: Prazas vacantes
CALENDARIO
Cadro resumo do calendario de admisión do alumnado ás ensinanzas de Educación Infantil e Primaria, ESO:
Calendario (publicarase próximamente)
ÁREA DE INFLUENCIA
Podes consultar no seguinte mapa as diferentes zonas de correspondencia para cada centro: Mapa xeral e mapa de zonas
BAREMO DA RENDA
O baremo da renda para o procedemento de admisión pode consultarse no seguinte documento: Baremo da renda
PUNTOS
O criterio establecido polo Centro para o punto complementario é: “fillos de antigos/as alumnos/as”, como se pode observar no seguinte documento: Punto complementario
SORTEO DESEMPATE
En caso de empate de punto, seguirase a resolución do 27 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo, á que se fai referencia no artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
O noso centro ofrece unha serie de servizos complementarios que, ademais de poder consultar de forma completa na nosa web, podes consultar no seguinte documento: Servizos complementarios

