BENVIDOS AO CURSO 25-26!
Hoxe é un gran día! Hoxe volvemos ver aos nosos compañeiros, aos nosos profes e regresamos á nosa segunda casa!
Para algúns tamén é a primeira vez en algo: primeiro día de clase, primeira vez en Primaria ou na ESO, primeira vez con titor novo, novas materias ou proxectos… Que emoción!
Desexámosvos a todos un curso cheo de ilusión, ganas e proxectos marabillosos cos que seguir medrando e aprendendo. Ojalá construades moitos recordos para toda a vida e poidades, un ano máis, sentirvos orgullosos da gran familia que xuntos formamos.
FELIZ CURSO 25-26!




