Xa está en marcha a 10ª Copa ACI. Como sabedes, este encontro deportivo é un momento excelente para fortalecer os lazos entre o alumnado e o profesorado de todos os nosos colexios, convivindo, participando e gozando dos valores que representa o deporte nos nosos centros. É unha oportunidade para educar o noso alumnado na grandeza de participar e non unicamente xogar para competir e gañar.
Neste curso, no que celebraremos a décima edición deste encontro, acolleranos o colexio da Coruña. Moitas grazas ao Colexio Esclavas do Sagrado Corazón de Jesús desta cidade pola súa gran dispoñibilidade e entusiasmo na organización.
Ademais, ao rematar o evento deportivo, teremos a posibilidade de compartir unha xornada peregrinando xuntos a Santiago de Compostela para presentarlle a nosa ofrenda ao Apóstolo.
DATAS: 12, 13 e 14 de xuño de 2025.
A recepción dos grupos está prevista para o xoves 12 a partir das 17:30 h. A saída dos grupos terá lugar o sábado 14, ben despois do almorzo, para aqueles que queiran emprender a esa hora a viaxe de volta, ou ben arredor das 15:30 h, para os que desexen participar na peregrinación a Santiago.
PLANNING
XOVES 12 DE XUÑO POLA TARDE:
Recepción, inauguración e coreografías
17:30 h · Recepción de participantes e acomodo
19:00 h · Cerimonia de inauguración. Actuación de coreografías
20:00 h · Cea
21:00 h · Continuación das actuacións
VENRES 13 DE XUÑO:
Pola mañá xornada deportiva / Pola tarde visita á cidade / Pola noite premios e clausura.
7:00 h · Espertar e almorzo
8:15 h · Saída do colexio
8:30 h · Inicio das probas deportivas
14:30 h · Xantar
16:00 h · Visita á cidade
17:45 h · Merenda
19:00 h · Eucaristía no colexio
20:15 h · Cea
21:30 h · Acto de clausura
SÁBADO 14 DE XUÑO:
Peregrinación a Santiago.
8:00 h · Espertar e almorzo
9:00 h · Saída cara a Santiago
10:30 h · Chegada ao Monte do Gozo e comezo da peregrinación
11:30 h · Chegada á Praza do Obradoiro e visita a pé dos arredores
13:00 h · Ofrenda ao Apóstolo na igrexa de San Agustín (Xesuítas)
13:45 h · Xantar en San Martiño Pinario
15:00 h · Regreso
PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS:
As familias dos participantes están convidadas a asistir como público ás cerimonias de inauguración e clausura, así como ás diferentes probas deportivas. Tamén poderán asistir á eucaristía do venres, agás que o tempo non permita realizala no patio do colexio. En caso de choiva, non estará permitido o acceso das familias á igrexa por problemas de aforo.
LOCALIZACIÓN
UBICACIÓN
O noso colexio está situado en pleno paseo marítimo, xunto á praia de Riazor, ao carón do estadio de fútbol do mesmo nome. A contorna é privilexiada, con vistas marabillosas ao océano Atlántico, aínda que o vento adoita estar moi presente en toda a zona costeira. O paseo marítimo ensánchase aos pés do colexio formando unha coraza que se adentra no mar e recibe o nome de “Rotonda das Esclavas”, moi emblemática na cidade.
COLEXIO ESCLAVAS DO SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS • A CORUÑA
Paseo de Ronda 57 • 15011 A Coruña
ACTOS:
CERIMONIA DE INAUGURACIÓN:
Localización: Patio do colexio.
En caso de choiva: Palacio dos Deportes.
EUCARISTÍA:
Localización: Patio do colexio.
En caso de choiva: Igrexa.
CERIMONIA DE CLAUSURA:
Localización: Patio do colexio.
En caso de choiva: Palacio dos Deportes.
PROBAS DEPORTIVAS:
ATLETISMO:
Localización: Paseo marítimo.
En caso de choiva: Palacio dos Deportes.
BALONCESTO:
Localización: Riazor 1 e Riazor 2.
BALÓN PRISIONEIRO:
Localización: Praia.
En caso de choiva: Frontón Riazor.
FÚTBOL:
Localización: Patio do colexio.




