VIDA SALUDABLE

 

Neste curso 2017-18, conxuntamente ca nova páxina WEB do centro, estreamos novo espacio adicado o proxecto de “Educación para a Saúde”. O mesmo é merecedor do distintivo “Sello Vida Saludable” concedido pola Secretaria de Estado de Educación, que recoñece os centros educativos, na súa labor de promoción de hábitos de vida saudable entre os escolares.

Asemade, e nun proceso de mellora continua, o mesmo esta a ser desenvoltado e actualizado en cada curso académico no marco dos proxectos de innovación educativa (plan proxecta) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Pretendemos dende este proxecto favorecer a adquisición de hábitos de vida saudables como elemento esencial da formación global do alumnado no Colexio Esclavas de A Coruña.